Canta o cuco. Uxía e Magín Blanco na casa de Manuel María

Xaneiro 20, 2016

Hai uns anos, Uxía e Sérgio Tannus musicaban poemas de Manuel María en “Andando a terra”, libro-CD-DVD editado pola Fundación Manuel María. Tamén adaptaron “O carro” e “Manuel do señorito”, no seu día cantados por Fuxan os Ventos e María Manuela. Agora chega o ano no que as Letras Galegas homenaxean o poeta chairego e resulta lóxico achegarse de novo a poemarios como “As Rúas do Vento Ceibe” (1979), “Os Soños na Gaiola” (1972), “Terra Chá” (1954), “Panxoliñas” (1992) e “Os Lonxes do Solpor” (2012). Nesta ocasión, a selección apunta cara un público máis infantil ou familiar e talvez non haxa compañeiros de viaxe mellor acaídos que Magín Blanco e o ilustrador Leandro Lamas, triunfadores con “A nena e o grilo nun barquiño” (Fol, 2013). Unha equipa de confianza presentada no atractivo formato de disco-libro que nesta ocasión publica a colección Sonárbore de Galaxia,

Resulta unha boa nova que dous músicos que se manexan tan ben na música infantil volvan traballar xuntos e máis cando deste reencontro resulta unha peza composta por eles a ocasión (“Todo me fala de ti”) e un par de recitados de Uxía (“Galiza” e “Amo esta terra”). A diferenza de “Andando na terra” (onde o brasilego Sérgio Tannus asumía case toda a parte musical), este álbum reparte os arranxos enntre os protagonistas principais, Guillerme Fernández e Santi Cribeiro, máis en semellanza con “A nena e o grilo”. No faltan as colaboracións de Pablo Vidal ao contrabaixo, os coros d”As Mosas, a percusión de Isaac Palacín … para completar un disco tranquilo, de corte sobre todo pop-folk-tradicional, con aires deste lado e de Latinoamérica. Lembrades esa corrente de cantautores musicando poetas ou uns Simon & Garfunkel? Sirvan coma referencia.

Apoiadas por unhas ilustracións tenras e coloridas, as cancións transmiten repouso, acougo, calma para falaren da natureza e a cidade: “O río – O mar”, “Poemiña para namorar unha rosa”, “A vaca”, “O lar”, “O meu cuarto – Teatro de guiñol”, “A roda – roda”, “Os traballos de todo o ano”, “O carro”, “A cidade”, “O cuco”, “Dorna”, “Panxoliña da neve” … Nos últimos anos, a música infantil e familiar en galego está a vivir un momento dourado, enchendo as actuacións ao vivo e con vendas máis que notabeis para os tempos que corren na industria musical. “Canta o cuco“ achega un poeta das pequenas grandes cousas a ese mundo no que teñen cadanseu espazo propio, pero conviven e se complementan, “María Fumaça”, “Rosalía pequeniña”, “A nena e o grilo”, “Tic Tac”, “Mamá Cabra”, “Estamos no verán”, “De aquí para alá”, “Alegría”, “Gatuxo” …

Pepe Cunha, 21-xaneiro-2016

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook