“Cançôes de amores e guerras” por Sapoconcho e Frank Astro

Abril 21, 2017

nota.

Concerto encadrado no ano de celebración dos XX anos de Ábrete de orellas

Sapoconcho e Frank Astro presentarán o seu proxecto ‘Cançôes de amores e guerras’. Algunhas mil veces cantadas e outras de estrea. “Nisste novo projeto co Frank Astro, Cançôes de Amores e Guerras, quere-mos mixturar diversos estilos musicais, passados pe-la nossa particular peneira musical. A nossa teima e que quem venha a nos escuitar, lembre ou descubra. E também haberá criaçâo, pero issa e oitra história…Cançôes de distintas guerras, que sâo a única e estúpida guerra…Cançôes de Amores…em guerra de Amores…Cançôes!!!”

Sapoconcho pertenceu á Nova Canción Galega hai moito tempo. Un grave problema de nódulos nas cordas afastouno da canción, mais non da música, onde sempre estivo escribindo e, de tres anos para acó, regresou ás táboas primeiro con Pablo Vidal no Proxecto Sapoconcho e agora con este novo proxecto con Frank Astro, no que proba con outros xeitos e outras tonalidades.

Frank Astro é un músico recoñecido e solicitado por artistas varios e que formou parte de diversos proxectos como Electric Ladyland, Los Mecánicos ou Turma Caipira.

Facebook

21:30 h.
Fundaçom Artábria, Ferrol.
3 / 4 €