cancións por regalos: Zahara + Andrés (Niños Mutantes) + Wild Balbina + Sleeping Cat + Rafa (Manos de Topo) + Pablo y Rubén (Maryland)

Xaneiro 03, 2013

a túa entrada a cambio dun regalo para un neno
18:00 / 20:00

A Cidade da Cultura acolle o xoves 3 de xaneiro de 2013 ás 18:00 horas a iniciativa Cancións por Regalos, unha actividade coa que achegarse á música pop nun formato acústico a cambio de facer feliz a un neno.

Organizado por Ernie Producciones, coa colaboración da Cidade da Cultura e a Asociación Iniciativa Social Berce, o evento contará con Zahara, Andrés López (Niños Mutantes), Pablo Castelo e Rubén Castelo (Maryland), Sleeping Cat, Rafa Arcos (Manos de Topo) e Wild Balbina nun formato íntimo e para todos os públicos. Será na sala diáfana do Edificio CINC.

O prezo da entrada? Un agasallo. Ti decides o que é máis axeitado: dende un xoguete novo ou usado, sempre que estea en boas condicións, ata roupa, libros…

A Asociación Iniciativa Social Berce, que presta especial atención aos nenos en situación de desprotección, encargarase de repartilos entre os que máis o precisen durante estas datas. Desta forma, ti levarás para casa unhas cantas cancións para o recordo e algún pequeno terá unha sorpresa o Día de Reis.

AXENDA

Facebook

18:00
Edificio Cinc, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
por un regalo