cancións por regalos: Mehanai, La Familia, Jane Joyd, Abraham Boba e Alondra Bentley

Xaneiro 03, 2012

A Cidade da Cultura acolle o martes 3 de xaneiro de 2012 ás 18:00 horas a iniciativa ‘Cancións por agasallos’, unha actividade coa que achegarse á música pop nun formato acústico a cambio de facer feliz a un neno.

Organizado pola Cidade da Cultura, coa colaboración de Ernie Producciones e a Asociación Iniciativa Social Berce, o evento contará cun nutrido grupo de artistas e bandas de pop que interpretarán na Sala de Columnas da Biblioteca de Galicia parte do seu repertorio, aínda que adaptado para a ocasión a un formato máis íntimo e a todos os públicos, dende os máis pequenos aos que xa non o son tanto. Estamos ante unha oportunidade única para fomentar a solidariedade e repartir ilusión á vez que se tenta difundir a música entre a cidadanía.

O prezo da entrada? Un agasallo. Ti decides o que é máis axeitado: dende un xoguete novo ou usado, sempre que estea en boas condicións, ata roupa, libros…

A Asociación Iniciativa Social Berce, que presta especial atención aos nenos en situación de desprotección, encargarase de repartilos entre os que máis o precisen durante estas datas. Desta forma, ti levarás para casa unhas cantas cancións para o recordo e algún pequeno terá unha sorpresa o Día de Reis.

AXENDA

Facebook

19 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
18:00 h.
Sala das Columnas da Biblioteca de Galicia, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.
Un regalo.