“Cancións”, de Xela Arias

Xaneiro 04, 2022

Cando acababa o ano en que se lle dedicaban as Letras Galegas, chegaron as “Cancións” de Xela Arias para completaren o repaso exhaustivo da súa figura. A fins dos 80, a afección pola música da poeta leváraa a escribir unha ducia de letras para o grupo de rock Desertores que agora vemos recompiladas nun libro e escoitamos nun CD gravado “desde cero, rexeitando a opción de masterizar os traballos anteriores”. Deste xeito cohesionado, o disco presenta as seis cancións publicadas no primeiro disco da formación (“El Desertor”), as catro do segundo (“El vicio de la carne”) e dúas máis que permanecían inéditas: “Nena Alcohol” e “Detrás de ti”.

En canto á elaboración do libro en si, a editorial Xerais acertou na elección de Teresa Cuíñas Lavandeira, pois a xornalista non só recompilou e traduciu para o galego as letras de Xela Arias, senón que nos regala un limiar exemplar. En “A música que levas dentro” exponnos como as cancións da poeta “son unha mostra do diálogo poético e musical que cultivou durante toda a súa vida” pero aproveita para crear con gusto e entusiasmo unha invitación a recoñecer e reivindicar tamén as melómanas que levamos dentro.

Canda este limiar expansivo e un epílogo sentido dos membros do grupo, o libro contén reproducións dos manuscritos orixinais e as adaptacións do grupo e a tradución ao galego, pois foron escritas en castelán. Daquela o rock na nosa lingua non era nada habitual e a propia Arias declarou que “me sinto moitísimo máis influída polo mundo do rock”n”roll que polo dos poetas galegos». E disto van estilisticamente estas cancións, das influencias dos nomes ben citados de Patti Smith, Lou Reed, Radio Futura, Joy Division … dese rock con latexo urbano, underground, da música que poeta e intérpretes compartían nas casas e nos locais de moda vigueses.

Pepe Cunha, 4-xaneiro-22

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook