nota:
A Casa das Crechas acolle o vindeiro martes 8 de abril o concerto de Track Dogs, o grupo de pop/rock baseado en Madrid, que nos presentará o seu novo EP, “La Banda”, do álbum “All Roads”, unha homenaxe a todas as bandas musicais que intentan gañar a vida con este precioso oficio.
Garrett Wall e Dave Mooney (Irlanda), Howard Brown (Gran Bretaña) e Robbie K Jones (Estados Unidos), levan vivindo en Madrid uns dez anos. Alí foi de feito onde se formou o grupo Track Dogs. Garret participou recentemente na BSO de “Buried”, nominada aos premios Goya. Presentaron o seu novo EP hai uns días na Sala Siroco de Madrid e agora percorren España e Irlanda para amosalo diante do seu público.
Este esperado EP contén ademais 3 temas especiais como son Fooled You Once’, ‘Hey Ai Oh!’ na súa versión estendida coa participación do músico irlandés Pat Kilbride tocando o exótico instumento chamado Cittern, ‘Don’t Waste Time’ un tema inédito cheo de frescura estival coa colaboración de Javier Escribano do grupo Banda Del Soplo, ‘Speak The Truth’, gravación inédita do ano 2008 televisada nas madrugadas de La 1 de TVE desde o ano pasado coa inigualable actuación do músico americano Tom Corbett tocando a mandolina.
Estes catro madrileños internacionais xa se atoparon nas súas dúas colaboracións anteriores na Garrett Wall Band. En 2011 transformáronse en TRACK DOGS e comezaron a dar moito de que falar co seu primeiro álbum, homónimo. Xiraron por Irlanda, España, Suiza e Inglaterra. Track Dogs compartiu escenario en España con Deluxe, Iván Ferreiro, Rede House, Kila, Bell-X1 e Asian Dub Foundation.
https://www.youtube.com/watch?v=2EQyw7wOsKE
http://www.rtve.es/alacarta/videos/los-conciertos-de-radio-3/conciertos-radio-3-track-dogs/1135640/ (concertos de Radio 3)
http://trackdogs.flavors.me/