cancelado Marisa Valle Roso

Maio 16, 2018

nota:

A asturiana Marisa Valle Roso vén á Coruña presentar o segundo disco que xa a confirma como unha estrela do folclore asturiano. ‘Consciente’ é un traballo fresco, persoal e que mantén os colores do folclore asturiano, que combinados con sonoridades contemporáneas de xéneros coma o indie, a canción de autor ou o pop, ademais da voz da propia Marisa (formada no canto tradicional asturiano), adquiren unha exclusiva expresión musical.

O disco, gravado entre Madrid e Asturias, foi producido por Sebastián Merlin, ganador de dous Grammys Latinos, e o productor indie Charlie Bautista. O traballo inclúe colaboracións de luxo como Víctor Manuel, Rozalén e Pandereteres de Fitoria.

Un total de trece cancións dan forma a un variado repertorio no que conviven versións de Chavela Vargas, Violeta Parra ou Mercedes Sosa, xunto a composicións de Alfredo González, Paco Cifuentes, Víctor Manuel, Pablo Carrera e a propia Marisa, estreándose así como compositora.

Marina Valle Roso (1987, Langreo), comezou de nena clases de tomada, onde moi cedo comezou a gañar concursos. En 2009 grava ‘Un pasu más’ xunto ao seu irmán Fernando Valle Roso, no que fusionan a tonada tradicional co jazz.

junto con su hermano Fernando Valle Roso, un disco en el que fusionan la tonada tradicional con el jazz.

Ademais de varias competicións de tonada en 2011 gañou no Concurso e Mostra de Folklore “Ciudad de Oviedo”. Este mesmo ano publica en solitario ‘De lo fondero l’alma’, un traballo no que Marisa deixa reflectidas as principais cancións de tonada coas que concursa. Con ese disco recibe o “Premio de la Crítica RTPA” (Radio Televisión do Principado de Asturias) como “Mellor Disco de Canción Asturiana do ano”.

Nesta primeira etapa musical consegue moitos máis recoñecementos e mesmo participa entre 2014 e 2016 na xira “50 años no es nada” de Víctor Manuel, na que comparte escenario con cantantes como Miguel Ríos, Ana Belén, Joan Manuel Serrat, Estopa, Rozalén, entre outros.

En 2015 crea a xira “Marisa canta a…” na que versiona artistas como Chavela Vargas, Leonard Cohen, Dulce Pontes, Mercedes Sosa, etc.

En 2016 fai a xira “Suena la mina” con repertorio dedicado á minaría de diferentes puntos do mundo, con cancións de Víctor Jara, Violeta Parra ou Camarón.

Volve gravar en solitario en 2017 con ‘Consciente’, no que funde o folclore con xéneros como o pop, indie ou canción de autor.

Entradas e máis información:

AXENDA