nota:
nota:
Martes 17 21h 10€/13€ (organizado por Placeres Ocultos)
JOSEF VAN WISSEM
Jozef van Wissem é un músico capaz de conxugar sorprendentemente pasado e presente. Unha figura única no panorama musical que foi capaz de reescribir a historia dun instrumento aparentemente esquecido como o laúde e dotalo de nova vida, movéndose con soltura en terreos barrocos ou avant-garde. As súas influencias van do mundo clásico (Bach, Satie…) até a música industrial. E as súas composicións, envolvidas nunha aura mística e espiritual reforzada por títulos tan evocadores como The Mistery of Heaven ou Concerning the Entrance into Eternity, transportan ao oínte a un transo do que resulta difícil desprenderse.
[entradas anticipadas a través de Ticketscript]