camisolas orelludas

Agosto 19, 2012

actualización do xoves 20 de setembro:

Só quedan 4 Ls e 8 Ms.

7 € + gastos de envío ( 2,5 € aprox.)

reservas en abretedeorellas@gmail.com

actualización do domingo 19 de agosto:

Só quedan Ls e Ms.

7 € + gastos de envío ( 2,5 € aprox.)

reservas en abretedeorellas@gmail.com

O proxecto Ábrete de orellas xa leva algúns anos funcionando, pero non foi até este verán de 2012 en que nos decidimos a facer unhas camisolas do portal.

Había tempo que xente próxima e abondos simpatizantes preguntaban por este xeito de promoción e finalmente decidímonos e comentámosllo a Chumi, deseñador da imaxe actual do noso portal.

Vendémolas a 7 €, basicamente para pagar o seu costo, porque seguimos a facelo sen afán de lucro. Queremos que as luzades por praias, festivais e terrazas e non renunciedes a elas por estardes a sufrir esta estafa (como xente de orellas abertas e curiosa resistímonos a chamala crise).

Estanse a vender ben e algunhas tallas escasean xa, pero Ls, Ms e algunha S quedan. Iso si, non descartamos facer unha tirada de XXLs e futuros modelos noutras cores e mozo-moza, non só unisex. Mais primeiro cómpre rematar con esta primeira tirada de camisetas orelludas.

Xa sabedes o correo onde contactar connosco: abretedeorellas@gmail.com

AXENDA

Facebook