Cal é a mellor canción do 2025? A música en lingua galega, a votación popular.

Febreiro 23, 2026

nota:

Desde hai xa máis de 10 anos, a gala aRi[t]mar leva poñendo a disposición pública e popular a votación para seleccionar cal son as mellores cancións do ano na Galiza e Portugal. E o 2025 non ía ser menos. O xurado de aRi[t]mar vén de preseleccionar as músicas finalistas para a vindeira edición da gala. Son 10 postulantes galegas e 10 portuguesas.

Ditas votacións, que comezan o venres 27 de febreiro, son abertas a todos os usuarios da rede e accesíbles a través da páxina web aritmar.gal. O proceso permanecerá en activo durante un mes, até o 27 de marzo.

As cancións finalistas para o Premio á Mellor Música de 2025 na Galiza son:
Vitoria, de Chicharrón; E se queres, de Faia; De paseo en Portugal, da Familia Caamagno; Vou pa Arzúa, de Grande Amore; A palabra como arma, de Hugo Guezeta; Perdín a Memoria, de MJ Pérez; O pobre não tem, o rico não dá!, da Oquestra Bravú Xangai; A Xeitosa, de Sheila Patricia; Todo o mundo contra min, dos Ulex; e Será por Flores, de Uxía.

As cancións finalistas ó Premio á Mellor Música do 2025 en Portugal son:
Tigre I, de A Garota Não e Sérgio Miendes; Não é Tarde, Nem é Cedo, de Buba Espinho e Miguel Araújo; Respirar, de Calema e Sara Correia; Balada do País que Dói, de Carminho; Brinde (16h00), de Carolina Deslandes; Tu e a Lua, de MAR e Carolina Deslandes; Quem quer dizer adeus, de Márcia; Santa, de MimiCat; e Mulher dos Teus Sonhos, de Nena & Joana Almeirante.

Diversidade e converxencia de estilos no mellor da música galega do 2025
É unha realidade que se vén dando entre as cancións finalistas ó premio á Mellor Música do Ano na Galiza, pero non por habitual deixa de ser un valioso marcador da fulgurante e diversa natureza da escena musical galega. Nas 10 postulantes converxen o tradi, o rock, o hip-hop, a canción de autor e en definitiva, música diversa, sen necesidade de etiquetas ainda que as poda levar, e da man dun plantel de artistas de varias xeracións. Vellos coñecidos de outras agrupacións coma Faia ou Hugo Guezeta; pola contra, agrupacións con novas integrantes, coma Chicharrón; artistas consolidadas coma Grande Amore, MJ Pérez ou Sheila Patricia; revivals de sons do pasado século XX coma a Familia Caamagno ou a Orquestra Bravú Xangai; emerxentes coma os Ulex; ou nomes asinados a ferro na historia da música galega contemporánea como Uxía. Todo cabe entre as músicas finalistas na nova edición de aRi[t]mar.

Colaboracións, diversidade e voces destacadas da música portuguesa

A selección musical da presente edición da aRi[t]mar revela un ecosistema da canción portuguesa cheo de diálogo e diversidade. O pop, o fado e novas abordaxes de autor conviven, do mesmo xeito que voces consagradas e proxectos emerxentes. Son 10 cancións que acadan millóns de reproducións e visualizacións na rede, amosando que a música portuguesa vive un momento doce. No conxunto, a cultura portuguesa maniféstase a través da música, quen é quen de adaptarse aos tempos sen deixar de ser aquilo que é.

Votacións mellores músicas galegas e portuguesas do ano 2025

Instagram: @aritmar_gz_pt

Facebook: aRitmar Galiza e Portugal

Bluesky: @aritmar.bsky.social

Certame aRi[t]mar galiza e portugal
Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela
Asociación aRi[t]mar galiza e portugal

 

AXENDA

Facebook