Tras un EP de presentación (“Dead Flowers”), esta noviña cantante de Nashville presenta un disco de debut deses cheos de melodías que enganchan desde a primeira escoita. A súa ben acaída mestura de folk-country e pop en pezas como “Own Side”, “Shaghai Cigarettes” ou “New York City” só poden ser ben recibidas por quen gusten tanto do son americana como do indie-folk. Na peza que abre o álbum “Learnin’ To Ride” desconcerta que a súa doce voz con suave twang cante convincentemente cousas como “Cando era nova montaba cabalos salvaxes / Eran ben divertidos pero case me costan a vida”, pero ao longo do álbum atopare mos abondas mostras dunha prometedora escritora de cancións que sabe dar con liñas sinxelas e tarareables. Tamén merece mención a estupenda versión do “That’s Alright” de Stevie Nicks para os Fleetwood Mac e coidados detalles como as cordas de “For The Rabbits”, o solo de harmónica de “Spare Me”, o dueto vocal con Rayland en “Shanghai Cigarettes”, a arrastrada percusión de “Learnin’ To Ride”… En definitiva, unha produción precisa para completar un disco máis ca recomendable para amantes do pop e o country alternativo.
Pepe Cunha 12-marzo-11