caballero reynaldo “traca/matraca” + “kazoo’s revenge”

Outubro 06, 2011

Da man do incansable Luis González (alma máter de Caballero Reynaldo e responsable de Hall of Fame Records) recibimos dous novos volumes dos “Unmatched”, esas coleccións de versións máis desvergonzadas ou frívolas que as orixinais do extremadamente prolífico Frank Zappa. Nos dous álbumes a banda está formada por Manoel Macía nas guitarras cardinais, oZcar MacCuenca nos trombóns, Manu Pahinui no lap steel hawaiano e as guitarras “utielanas” e Marieta Tamarit nas voces con Luis González, que tamén se encarga dos baixos, guitarras e baterías. Ademais, no disco en castelán contan co piano de Luis Prado (líder de Sr. Mostaza e últimamente na banda que acompaña a Miguel Ríos). De entre estes solventes músicos, Ozcar Mccuenca, Manoel Macía e o propio Luis Gonzàlez son os que se encargan duns arranxos variados e variopintos. “Kazoo’s Revenge”, o volumen 13, é a continuación de “The Grand Kazoo”, onde atopabamos divertidas recreacións en clave country&western de composicións de Zappa. Dos vinte títulos, doce tamén aparecen no álbum “Traca / Matraca”, que entrega textos adaptados, con máis ou menos acerto, ao castelán polo propio Luis G. e Román García, que fixo as portadas a partir de ideas do dono do Lui’s garage. Nestas novas mostras de recreación, diversión e desprexuizamento musical atopamos cancións sobre sexo (“Dentro de ti”), parodias de personaxes (“Luis Miguel”, “Es gay”, “Guarra”), ataques aos críticos artificiosos e interesados creadores de tendencias (“El payaso de moda”), á industria musical (“A la mierda”), chisco flamenco-rumbeiro en “Dinah-Moe Humm” ou a versión “a capella” de “My Guitar Wants to Kill Your Mama”. Ás veces con máis graza ca outras, pero sempre por Zappa! Se non sabes desta aventura artesá, independente, divertida e entusiasta, xa é hora de que a visites.
Pepe Cunha 6-outubro-2010

AXENDA

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook