Caamaño & Ameixeiras

Xuño 10, 2021


nota:

Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) uníronse para formar o dúo Caamaño&Ameixeiras no 2018, partindo do seu común interese por aportar recursos contemporáneos á música tradicional. Entenden a tradición como algo vivo e en constante cambio e crean desde ela a súa propia linguaxe, con composicións e arranxos personais e íntimos. O seu primeiro traballo é Aire!, once temas que constitúen unha invitación a bailar e a cantar e unha celebración do sensorial con músicas populares de diferentes procedencias pero que teñen en todos os casos a Galicia como punto de orixe e retorno. O disco foi producido polo recoñecido músico burgalés Diego Galaz e conta con colaboracións tan destacadas como Sílvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín, Apel.les Carod ou El Pana.

AXENDA

21:00 h.
Centro Cultural Torrente Ballester, Ferrol.
3 €