Bule “Non vale parar!”

Outubro 18, 2025

O cuarteto con base de operacións en Pontedeume Bule (Adri á batería, Jetu e Óscar ás guitarras e Pablo no baixo e na voz) presenta un novo traballo tras os EPs “Aquelas cancións” (2018), “Cando nos volvemos ver” (2020) e o LP “Agora ou nunca” (2023). Trátase de seis novos fungueirolos que duran entre os dous e dous minutos e medio, fieis ao punk do 77 e a súa simbiose co power pop.

Son directos no musical e nas mensaxes, non enredan nin sorprenden, pero seguen a botar máis madeira ao repertorio dos seus enérxicos concertos. “Salto e berro, e outro concerto, en ningures me sinto tan ben“. Iso si, coa gravación nos RRStudios cravan o son e coa colaboración de Death or Glory, Snap!! Records, Radix Records e Ferror Records editan un vinilo de dez polgadas acorde coa súa presenza estética.

Pepe Cunha, 18-outubro-2025

Podes escoitalos no bandcamp de Ferror Recordslbum/non-vale-parar

1.Non vale parar
2. Movemento
3.Non mintas
4. Ven por min
5. Arríscate
6.Rapaces da rúa

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Sexa por descoñecemento, sensacionalismo, torpeza ... moi mal colgar así esas cifras, a monte, sen un mínimo de explicación. Pode facerse dano.La Voz de Galicia. Edición FerrolSen ir máis lonxe, o de Budiño é por cinco concertos, non polo de Ferrol.Se vos queredes escandalizar, entrade aquí e pensade en quen merecen apoio e axuda e non cheiran un euro.www.contratosdegalicia.gal/resultadoIndex.jsp?e3=1&ESTADO=4,5,6,8&OR=242&lang=gl ... See MoreSee Less
Ver en Facebook