budiño “sotaque”

Abril 29, 2013

Tras o recomendabilísimo CD-DVD de gravacións ao vivo “Volta” (2010), chega o quinto álbum de estudio do moañés Xosé Manuel Budiño, que retoma a colaboración co selo discográfico DoFol. Este “Sotaque” pódese entender como a plasmación máis madurada da personalidade musical dun instrumentista e compositor que convence polo mundo adiante mesturando tradición e contemporaneidade. A súa formación tradicional e a posterior exploración e colaboración con músicos de diferentes sonoridades dá coma resultado unha linguaxe musical de seu, un “Sotaque” propio.

“Nubeiros e Tronantes” xa presenta o seu recoñecido virtuosismo con gaitas e flautas, mais tamén o bo gusto para elixir as programacións e “os seus músicos” (Carlos Castro, Alfonso Merino e Chisco) nas percusións, pandeiras, castañolas e cordas. “Hoxe canto en Libertá” abre as composicións que presenta con amigos que vai facendo polo mundo adiante: Paulo Borges (co-produtor do álbum) nos pianos e sintetizadores e Luis Tosar poñendo a voz á altura dos versos sempre potentes de Celso Emilio Ferreiro. “Danza das Bateas” é ese medio tempo marca da casa que engaiola coa flauta e precisamente deseguido a flauta de Michael McGoldrick é a que se enfronta nas alturas coa gaita na peza homónima do álbum.

Na metade do disco chega un dos momentos máis salientable: o seu compañeiro no espectáculo iLalelo Carlos Blanco asina a letra de “Déixame adiviñar”, cantada por unha das sensacións dos últimos anos en Portugal, o alentexano António Zambujo. Os confortables colchóns de programacións neste caso acomodan o exquisito traballo de Borges nas teclas e a frauta de Budiño, como tamén acontece na balada instrumental “Soños”. Xa apelando máis ao baile, en “Serán das Maias” e “Chal Indiano” é o violín de Merino quen acompaña a frauta.

Para completar o repaso e procurando a gaita, citamos dous puntos estremos do disco: o toque máis tradicional protagonizado polas voces e pandeiretas dos Cantareiros de O Afiadeiro, espectaculares en “Riamonte”, e o peche con “Bica na Baiúca” que lembra eses momentos máis “modernamente” bailables (ao Afro Celt Sound System) daquel mítico debut “Paralaia” que debería reeditarse dunha vez. Pódeche gustar máis este Budiño ou aqueloutro, pero só os descoñecedores poden dicir que non lles gusta Budiño, porque Budiños hai moitos e están neste “Sotaque”.

Pepe Cunha, 29-abril-2013

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook