nota.
O Concerto de Budiño “Paralaia 20 Aniversario” con Mercedes Peón de convidada especial abrirá a “Festa do Albariño” 2017.
CAMBADOS / 1 AGOSTO / 22:30 h.
CONCERTO “PARALAIA” 20 ANIVERSARIO
“Paralaia”, o primeiro disco de Budiño cumple 20 anos, a súa publicación transgrediu a industria musical galega do seu momento amosando outro punto de vista ao denominado folk. Agora, co gallo do seu 20 aniversario, quere celebralo cunha nova edición remasterizada pero nun formato especial de libro-disco ilustrado.
Estará acompañado no escenario por 6 dos mellores músicos de Galicia na actualidade e unha convidada de luxo: Mercedes Peón, a gran creadora do país, cunha man na terra e outra na modernidade, acompañará a Budiño neste percorrido pola súa carreira.
✓ BUDIÑO: voz, gaita, frauta
✓ Fran Sanz: baixo
✓ Cibrán Seixo Pazos: violín
✓ Ton Risco: batería, percusións
✓ DAVID “TATO”: guitarras.
✓ SANTIAGO CRIBEIRO: acordeón
✓ Antonio Rodríguez: trombón, bombardino
✓ Arturo Abrigueiro: Enxeñeiro de son.