Budiño

Xullo 25, 2019

nota:

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publicou o 25 de xaneiro de 2019 FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo. Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco. Pisar terra e querer tocar ceo.

FULGOR ven armado de grandes letras. Letras de poetas (Antía Otero). Letras de songwriters (Xoel López e Vega). Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.

Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronterizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia “Santiago” e “Bos Amores”.

Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca. Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando. Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.

*Apertura de portas: 20:00 h. / Concerto: 20:30 h.

Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra
Brais Morán: Guitarra, coros
Álex Salgueiro: Teclados
Fran Sanz: Baixo
Ton Risco: Batería

AXENDA