nota:
Xosé Manuel Budiño presenta “Sotaque”
Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de BUDIÑO, co seu SOTAQUE.
Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por BUDIÑO mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.
Os amigos convidados ao SOTAQUE de BUDIÑO fan que na súa particular atmosfera se misturen os centos de capas percutivas utilizadas para a gravación : ANTÓNIO ZAMBUJO , LUIS TOSAR, OS CANTAREIROS DE O FIADEIRO e MICHAEL McGOLDRICK.
DOMINGO 19 DE MAIO 2013
AUDITORIO DE A ILLA DE AROUSA/20:30 h
VENTA ENTRADAS ANTICIPADAS:
Bar Museo / Bar Campiño / Con do Moucho
NA BILLETEIRA O DÍA DA ACTUACIÓN
TRAILER NOVO DISCO “SOTAQUE” DE BUDIÑO
Realizador: Roi Fernández
Tema: “Nubeiros e Tronantes”
http://www.youtube.com/watch?v=3F5bR_7UaNA&feature=youtu.be
www.budio.com