nota:
Despois de 6 anos de silencio, Budiño publicará o 25 de xaneiro de 2019 FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.
Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo.
O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco.
Pisar terra e querer tocar ceo.
FULGOR ven armado de grandes letras.
Letras de poetas (Antía Otero).
Letras de songwriters (Xoel López e Vega).
Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.
Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronterizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia “Santiago” e “Bos Amores”.
Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca.
Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando.
Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.