Xoves 19 21h 8€ (RGMV)
BRIGADA BRAVO & DÍAZ
Antonio Bravo e Germán Díaz forman a Brigada Bravo&Díaz, que se basea na música popular da I Guerra Mundial. Buscaron información sobre rexistros fonográficos, atoparon unha colección interesantísima na biblioteca de Santa Bárbara, da Universidade de California. Están dixitalizando miles de cilindros antigos de cera e facendo ceertas playlist con todos estes temas. Unha das temáticas onde recolleron 116 cancións é a música popular da IWW, e colleron estes temas para facer este proxecto discográfico.
Ademais da zanfona e da guitarra, instrumentos habituais da Brigada, utilizan instrumentos mecánicos, como a caixa de música programable ou o órgano de barbaria -barrel organ-, que len cartóns que eles mesmo perforan co arranxo musical, para despois interpretalos co instrumento e facer improvisación por riba da rixidez destes cartóns escritos.
Antonio Bravo: guitarra, arranxos, composición de partes adicionais.
Germán Díaz: voz, zanfona, órgano de barbaria, caixa de música programable, krakebs e bendhir.