Brigada Bravo & Díaz: “Músicas en guerra”

Agosto 02, 2018

nota:

BRIGADA BRAVO&DÍAZ “Músicas en guerra” (jazz/fusión) – 20.30h – Praza Salvador Parga

Antonio Bravo e Germán Díaz forman a Brigada Bravo&Díaz, que se basea na música popular da I Guerra Mundial. Buscaron información sobre rexistros fonográficos, atoparon unha colección interesantísima na biblioteca de Santa Bárbara, da Universidade de California. Están dixitalizando miles de cilindros antigos de cera e facendo certas playlist con todos estes temas. Unha das temáticas onde recolleron 116 cancións é a música popular da IWW, e colleron estes temas para facer este proxecto discográfico.

Ademais da zanfona e da guitarra, instrumentos habituais da Brigada, utilizan instrumentos mecánicos, como a caixa de música programable ou o órgano de barbaria -barrel organ-, que len cartóns que eles mesmo perforan co arranxo musical, para despois interpretalos co instrumento e facer improvisación por riba da rixidez destes cartóns escritos.

É o segundo proxecto que fan acerca de músicas escritas en tempos de guerra (antes fixeran ‘Músicas populares de la Guerra Civil’). As músicas escritas en tempos de guerra, son músicas cunha funcionalidade clara: músicas para levantar a moral, para lembrar amores, ou músicas cun sentido do humor moi pronunciado, para combater o medo. Cando extraen as melodías do seu contexto e as levan ao seu terreo, que lles permite improvisar, seguen mantendo esa carga emocional. Interésalles que a manteñan.

Ademais da zanfona e a guitarra, instrumentos habituais da Brigada, utilizan instrumentos mecánicos, como a caixa de música programable ou o órgano de barbaria -barrel organ-, que len cartóns que eles mesmos perforan co arranxo musical, para despois interpretalos co instrumento e facer improvisación por riba da rixidez destes cartóns escritos.

Antonio Bravo: guitarra, arranxos, composición de partes adicionais.

Germán Díaz: voz, zanfona, órgano de barbaria, caixa de música programable, krakebs e bendhir.

Facebook

20:30 h
Xardín de Amarante (Praza Salvador Parga), Santiago de Compostela.
De balde.