8 € / 5 € (anticipada) / 4 € (soci@s)
nota:
Bravo Fisher! Presenta El valle invisible un segundo álbum que el sente como se fora o primeiro, que contén 10 hits que buscan aproximarse ao pop perfecto a través de bonitas melodías, estruturas clásicas, ritmos bailables e traballadas letras en castelán. Nos agradecementos do disco aparecen estas palabras: “A todo el que se atreve a salir ahí fuera, sin esperar volver. Al que sabe volver. Y, sobre todo, a los olvidados”. Home orquestra posmoderno, Bravo Fisher! Toca sintetizadores, guitarras, baixos e ukelele conseguindo cancións emocionais e emocionantes sustentadas por unha voz persoal e inconfundible. A súa música móvese con forza e vitalidade entre o electro, o indie e o pop máis fresco. Gravado nos estudios Rec Division de Madrid con Carlos Calderón (experimentado produtor de bandas como Cycle, Ellos, After After Hours, The Zombie Kids, etc), as certeiras cancións de El valle invisible responden a un concepto: contan a viaxe iniciática dunha persoa que se vai de casa na primeira canción e na última volve para redimirse. O protagonista desta historia contada en 10 capítulos é unha especie de antihéroe, cun pasado dramático, que loita por atoparse a si mesmo a través desta viaxe; dubida, ten medo, pero segue avanzando. Algo así como unha mezcla entre Quijote e Odiseo pero situado no 1939. Bravo Fisher! Comezou a súa carreira gañándoo todo en 2011 coa súa primeira maqueta: Nº 1 para a revista Mondo Sonoro, nº1 no concurso 43 Music polo que Nacho Vigalondo lle dirixiu un videoclip, nº1 no concurso do Arenal Sound, o festival musical máis masivo de España, e grazas ao cal tocou ante 50.000 persoas no fin de festa do festival. Trala publicación do seu primeiro álbum We were overnighters, ficha por Subterfuge Records en 2012. Aínda que este non é realmente o principio… Guillermo Galguera sempre quixo facer música. Cando os compañeiros d grupo que tiña no instituto decidiron que este lles quitaba tempo para dedicarle ás súas noivas, trala conseguinte decepción, Guille decidiu intentalo en solitario. Unha tarde, mentres vía Academia Rushmore, a película de Wes Anderson, fíxose a luz : o protagonista, que se apelida Fisher, recibe un agasallo no que pon: “Bravo Alan!”… El sentiu eses ánimos que precisaba e así naceu: Bravo Fisher!: O “do it yourself” que termina en aplauso xeral.
www.youtube.com/watch?v=nT6NsXMaucE