nota:
Actuación en solitario dentro da gala do LGx15 2018. Entradas xa a venda. 6 € anticipada, 10 € en billeteira.
Experiencias, argumentos, opinións, propostas, palabras, reflexións… Ideas!
LGx15 é un evento para a difusión de ideas para o futuro da lingua a través de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego. Intervirán doce persoas para transmitir dun xeito breve, claro e visual ideas e reflexións para influír no uso e prestixio da lingua. No evento, ademais, haberá música e humor, o que o fará un acto festivo e divertido. Organiza a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).