Brais Morán

Decembro 11, 2015

nota:

O artista revelación galego Brais Morán explora o rock máis persoal nun disco onde as vivencias e as paisaxes da Costa dá Morte son os protagonistas. “Cruzando o Eclipse” é un traballo que nos traslada ao longo de 13 cancións por un camiño polo que conflúen a forza e a frescura do rock, acompañado de Manu Seoane na guitarra eléctrica, Miguel Queixas na batería e Denís Morán no baixo eléctrico, e contando coa colaboración de Fran Pérez “Narf” na canción “Destino”.

“Cruzando o Eclipse” xestouse durante a primavera de 2015 en Abrigueiro Estudos baixo a produción de Arturo Vaquero, Miguel Queixas e o propio Brais Morán, e foi posible grazas ao apoio masivo dos seus seguidores a través do financiamento colectivo en Internet (crowdfunding)

En palabras do propio Brais “chegou o momento do meu primeiro disco persoal nuns tempos onde cae a miña mocidade transformándose noutra idade chea de enerxía que continúa crecendo” e engade: “sinto hoxe tantas cousas que son duras de contar e maduras para crear pero que, finalmente, fan que decida a onde quero ir escribíndoas nesta viaxe”.

Facebook