Boney Fields & Bakin’ Blues Band

Setembro 24, 2015

nota:
A Bakin’ Blues Band compostelá ofrece este xoves un concerto xunto co trompetista americano Boney Fields
A Casa das Crechas acolle o xoves un concertazo que xunta de novo a unha referencia galega do blues, a Bakin’ Blues Band, e a un dos trompetistas máis recoñecidos da escea do blues actual, Boney Fields. Este é o primeiro dunha xeira de concertos especiais que editaremos en vinilo. Un grupo/artista galego e un de fóra, xuntos, creando algo novo.

Boney Fields (Chicago, 1958) volve a xuntarse coa Bakin Blues Band en Santiago de Compostela. Boney Fields é un dos trompetistas máis recoñecidos da escena do blues actual, formou parte da banda de James Cottom durante os oitenta, pero tamén tocou con bluesmen da talla de Junior Wells, Buddy Guy ou Luther Allison.

Dende o seu primeiro encontro no 2010, Boney Fields e a Bakin Blues Band levan realizando un feixe de concertos xuntos dentro e fóra de Galicia (Sala Capitol, Festival de Blues de Burlada, etc). A complicidade entre o de Chicago e os galegos dá lugar, sen dúbidas, a un directo de blues dos máis potentes e divertidos.”

A Bakin’ Blues Band comeza a súa andaina en Compostela en 2008. Ten participado en centos de locais e festivais da Península e ten compartido escena con músicos do blues e do soul recoñecidos internacionalmente como Barbara Lynn, o propio Boney Fields, Little Mike & The Tornadoes ou Marcos Coll.

A formación base da Bakin’ é o quinteto integrado por: Javier Turnes (Voz, guitarra); David “Tato” Vázquez (guitarra); David Prieto (baixo); Ale Casquero (piano) e Lucas Ferrández (batería). Teñen publicado dous discos: Jumpin’ in a deep blue sea (2013) e It’s always party time at home (2014), este último con música e letra orixinais. O poderío desta formación estriba na potencia duns directos que colleitou unha intensa e duradeira acollida do público a esta enérxica mestura de blues, rumba, soul e boogie-boogie.

Facebook

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
7 €