Bombino

Setembro 28, 2018

nota:
Bombino, nos concertos do 25º aniversario do Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela

Omara “Bombino” Moctar naceu en 1980 en Tidene, Níxer, nun campamento de nómades da tribo Ifoghas pertencente á federación tuareg Kel Air. Un de dezasete irmáns e irmás, pasou a súa infancia entre o campamento e a cidade de Agadez, e foi ensinado pola súa avoa para considerar a honra, a dignidade e a xenerosidade como principios fundamentais da vida. Cando estalou a rebelión tuareg en 1990 Bombino fuxiu co seu pai e a súa avoa a Alxeria. Foi alí cando un día uns parentes chegaron desde a fronte con dúas guitarras. Bombino comezou a aprender a tocar, imitando notas das cancións tuaregs e bereberes que coñecía. Dúas décadas máis tarde, recoñecido como unha figura emblemática das novas xeracións tuareg e as novas voces do Sahara e o Sahel, o compositor fusiona ritmos bereberes tradicionais coa enerxía do rock e cancións de profunda lírica e beleza.

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR CAPACIDADE

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
Hoxe Sumrrá agasalláronnos cun "greatest hits" ao interpretar unha peza de cada un dos sete álbums. Tiveron que facer 2 máis porque o público na Sede Afundación da Coruña así o quixo. Non canso de velos. Ciclo #butacadejazzMada Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Ccompostela.
De balde.