Blueskank

Setembro 13, 2012

Festa inauguración III Minho Reggae Splash

O Xancarajazz será o punto de arranque da terceira edición do Festival Minho Reggae Splash que se celebrará esta fin de semana en Vila Nova de Cerveira. Os madrileños Blueskank inaugurarán a terceira edición do festival, cun concerto en acústico, o xoves 13 de setembro, a partir da medianoite na sala viguesa. O custe da entrada será de 3 euros.

O trío será unha das oito bandas que subirán ao escenario do Auditorio da Vila das Artes o 14 e 15 de setembro, pero antes achegarán a súa música á cidade Olívica nunha festa presentación na que interpretarán temas do seu último disco “Taking Off” (2011) en formato acústico. Blues, Funk, soul,
música africana e como non, roots reggae.

Isto será só o comezo de dous días cheos de música e actividades variadas relacionadas co circo, a danza e a percusión e obradoiros dos que poderemos gozar entre o venres e sábado en Vila Nova de Cerveira, que un ano máis e van tres, encherase de ritmos reggaes e xamaicanos grazas a
artistas como o xamaicano Earl Sixteen, os brasileiros Habitantes de Zion ou os portugueses Urbanvibsz. Dende Londres chegará Bejammin e o seu
saxofón. Tamén poderemos escoitar aos pais do reggae, grazas ao trío madrileño Versionites, que reiterpretarán a aqueles que lle deron nome a este estilo como Bob Marley ou os The Wailers. Tampouco faltará a representación galega, cos vigueses Transilvanians, os coruñeses One e os ferroláns Natural Green.

AXENDA

Facebook

23:59 h.
Sala Xancarajazz, Vigo.
3 €