Sensible Soccers, Guerrera, Tractor Troy, Salvation Army, Camarada Nimoy e República Disco Apocalipso Dj no Bla Bla Bla! Festival o sábado 11 de Agosto.
O festival Bla Bla Bla! organizado polo Bar Labraza, xunto coa colaboración do Concello de Bueu, terá a súa segunda edición o próximo sábado 11 de Agosto, na pista da Morada (Meiro – Bueu) a partir dás 22:00 horas.Nesta edición o BlaBlaBla! contará coas bandas Sensible Soccers, Guerrera, Tractor Troy, Salvation Army , Camarada Nimoy e República Disco Apocalipso Dj. O cartel do festival completase cunha festa de presentación na que actuarán as bandas The Superhits e Hijos del napal o venres 10 de Agosto ás 22:00 horas. Tractor Troy sustituirá a Lendrone que se caen do cartel por motivos persoais.
Bla Bla Bla! presentase co propósito de dar continuidade a primeira edición do festival que se realizou en 2011, o cal presenta a bandas independentes e alternativas os festivais convencionais, tras o paso da maioría delas en directo polo Bar Labranza.
O festival é gratuíto con entrada de balde, prezos populares e zona de acampada. A organización pide os asistentes a colaboración consumindo na barra do festival e mercando camisolas para poder financiar o evento. A zona de acampada será unha finca preto do recinto da Morada e pídese a colaboración dos campistas no máximo coidado de esta depositando o lixo nos contedores e respectando o entorno.
A festa de presentación do festival será o venres 10 de Agoto ás 22:00 horas na pista da “Morada”en Meiro – Bueu (Pontevedra) e o festival Bla Bla Bla! terá lugar o próximo sábado 11 de Agosto a partir das 22:00 horas.
Para máis información sobre o festival e as bandas ou xestionar entrevistas non dubidedes en poñervos en contacto.
Máis información en www.labranzameiro.blogspot.com
https://www.facebook.com/bar.labranza