Bill Orcutt

Setembro 11, 2012

Gratuito hasta completar aforo

Bill Orcutt entra a inicios dos noventa na escena punk-rock e hardcore norteamericana como guitarrista de Harry Pussy. Toca unha guitarra de catro cordas cun estilo de punteado hardcore-blues mesturado ademais con rock e flamenco.

Conseguiu reinventarse coa súa guitarra acústica e a forza de pulir unha linguaxe visceral mediante a que consegue levar o blues a outra dimensión.

Nunha entrevista Orcutt confesa: “Eu non son mais ca un tipo que anda á procura do seu propio camiño tocando blues”. E se cadra esta premisa é a responsable de revivir o ánimo que agrupou a varios músicos do pasado século, os cales, a través da elaboración xenérica, consumaron obras singulares con marcas de autoría inequívocas desde Lightnin´ Hopkins a Mississipi Fred McDowell e Robert Johnson; pero tamén John Fahey, Screamin´ Jay Hawkins, Jimi Hendrix, Derek Bailey ou Keiji Haino.

Os seus álbums máis recentes son A New Way to Pay Old Debts (2009) —elixido segundo mellor álbum do ano pola revista especializada The Wire—, Way Down South (2010) e How the Thing Sings (2011).

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Centro Galego de Arte Contemporánea, Santiago de Compostela.
De balde.