Bill Callaham

Outubro 28, 2017

única data galega

nta:

So haberá dúas oportunidades en España para escoita en directo a Bill Callahan, unha delas, no Auditorio de Ferrol dentro do Festival Son[s] de Ferrol, o próximo 28 de outubro.
O texano comezou a súa carreira en formato low-fi baixo o nome de Smog, pero Bill Callahan é moito máis, é un auténtico trobador do son americano, elegante e certeiro.
Cunha voz de barítono inconfundible e un talento moi por encima do común nas súas letras, leva case trinta anos sobre os escenarios –primeiro como Somg e dende hai unha década firmando co seu propio nome-, colleitando éxitos a ambos lados do Atlántico.
O seu último traballo “I have fun with God” é unha expresión de espiritualidade, abstracto, visceral e místico. Unha serie de temas que repasará no seu concerto o 28 de outubro no Auditorio de Ferrol, para deleite de propios e estraños.

AXENDA
Que: Bill Callahan. Festival Son[s] Ferrol
Onde: Auditorio de Ferrol
Cando: 28 de outubro. 21.00 horas (apertura de portas 20.30)
Entradas: 18€ anticipada ataquilla.com e billeteira do Auditorio / Billeteira: 20€

AXENDA