Berlai

Setembro 11, 2018

nota:

Berlai na Borriquita de Belém [5€ con consumición mínima]
Concerto dentro da programación de a Rede Galega de Música ao Vivo e Clubtura -Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo- Agadic

Berlai é un proxecto moi persoal de Xiao Berlai que aúna música, poesía e banda deseñada.

Berlai é o primeiro proxecto do Xiao Berlai (Fía na Roca), que uniu o seu talento musical á creatividade do ilustrador Gerardo Torterolo para contar unha historia de soños e amores imposibles en fomato libro-cd.

‘Desconhecido’ é o seu primeiro froito. Un collage de cancións, debuxos, poemas e secuencias, cunha narrativa paralela de ilustracións, música e poesía. É a historia real dun home descoñecido, solitario, que preferiu vivir a súa vida como se fose un soño. Unha historia que combina unha mestura explosiva de realismo suxo, cru e obsceno co lirismo máis sensible. Onde o romantismo e a historia de amor non conseguen escapar do sexo, da loucura e do desespero. E onde se transforman, no plano musical, en pop-rock con pingas de trad ou mesmo de ska, que nos traen mensaxes intimistas e tamén comprometidas.

En directo, Berlai ofrece un espectáculo único onde se combina a música (cunha banda de cinco artistas), a voz de Xiao e os debuxos de Torterolo para contar a historia de ‘Desconhecido’.

Xiao Berlai Voz, Guitarra e Mandolina
Pablo Pérez Sanmamed Baixo Eléctrico
Bruno Couceiro Batería
Iago Mourinho Teclados e Piano
Ernesto G. Torterolo Ilustracións

AXENDA

Facebook

21:30 h.
Borriquita de Belem, Santiago de Compostela.
5 €