bellón maceiras quinteto “folkfusión”

Agosto 05, 2010

Dous músicos novos, o laureado gaiteiro Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras, decidiron unir o dominio de cadanseu instrumento e o seu coñecemento da música tradicional no 2005. Mais tamén viron que compartían atracción por músicas doutras partes do mundo. Para canalizar esta inquedanza necesitaban de máis músicos e así no 2007 ficharon outros tres tamén interesados en traballar nesa fusión: Juan Tinaquero (Miki Nervio and the Bluesmakers, Mr. Dixie Jazz Band ..) achegou os seus contrabaixo e baixo eléctrico, “Cabe” (Cempés, Mr. Dixie Jazz Band, Harry Navisson, Hot3sss …) as guitarras e o novísimo Miguel Lamas (Brothers in Band, Harry Navisson…)a batería. Por se fose pouco, Bellón tamén se aplica co saxo soprano para sacarlle aínda máis partido á máquina. O seu debut discográfico non podía ter un título máis significativo pois non engana con respecto do seu contido: a esencia deste quinteto é a fusión partindo dunha base de folk galego. A súa viaxe viaxe musical vai desde o son máis tradicional de “Caldo requente con broa de onte” Aquí hai tango, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba ou vals francés. Nunha festa do desprexuizamento musical, versionan a Galliano en “Tango pour Claude” e coquetean con Piazzolla en “28” ademais de empregar o que chaman “espichos”, unha introdución de partes de melodías coñecidas doutros temas, como acontece con Mancini na “Muiñeira de Pontesampaio”. Edita o subselo Do Fol de BOA.
Pepe Cunha 05-agosto-2010

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook