nota:
BEGOÑA RIOBÓ é a violinista por excelencia do panorama folk falego. Comeza a súa traxectoria profesional no ano 2000, formando parte da banda do gaiteiro Carlos Núñez durante unha etapa que a levou a pisar teatros e festivais ao longo dos cinco continentes e a tocar con primeiras figuras do panorama folk, entre os que cabe citar a The Chieftains, Dan Ar Braz, Sharon Sahnon ou Solas. Participou en numerosos traballos discográficos, entre eles Carlos Nuñez e Amigos (Sony 2004), Premio da Música ao mellor disco de música tradicional en 2005. É membro da orquestra folk de Galicia SonDeSeu e colaborou en xira cos seguintes artistas: Lizgairo, Anxo Lorenzo, Susana Seivane e Xosé Manuel Budiño. Dende o 2010 lidera a súa propia formación, Riobó, coa que editou dous traballos discográficos: Riobó (Zouma 2010) e Quiral (Sul 2015).
XOSÉ LIZ (frautas, guitarra acústica, bouzouki, mandolina) é músico de recoñecido prestixio nacional e internacional no ámbito do folk galego e a Celtic Music. Máis de trinta producións discográficas cos mellores artistas galegos (Cristina Pato, Susana Seivane, Blanco, Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Anxo Lorenzo, Begoña Riobó…) e a súa habitual presenza nos mellores escearios adicados a estas músicas (Celtic Connections, Piping Live, Vall D’aOsta, Scottish Weekend, Festival Interceltico de L’orient…) avalan a traxectoria deste multiinstrumentista vigués. Compaxina a súa tarefa de música profesional, produtor, arranxista e compositor coa súa laboura de mestre titular de frauta e corda pulsada na prestixiosa Escola de Música Folk e Tradicional E-Trad de Vigo, dende 2009.