nota:
Barzin (folk/pop) Domingo 27 ás 20h30 (10€/13€)
A Casa das Crechas acolle un novo concerto do Ciclo Placeres Ocultos que organiza a asociación Desconcierto Cultural. Unha xoia máis, esta vez chegada desde Canadá: Barzin presentará, en formato quinteto “To Live Alone In That Long Summer” (Monotreme Records, 2014).
Barzin leva máis de dez anos agasallándonos magníficas cancións, en forma de pequenas xemas de folk-pop melancólico, a aqueles que asisten aos seus concertos. Ao longo deste tempo, o cantautor canadiano soubo forxar un estilo estrañamente persoal, debuxando con pequenas historias un imaxinario baseado nos efectos demoledores das relacións fallidas, a culpa e o remordemento.
Desde o seu primeiro álbum homónimo, o seu son sufriu unha tranquila e constante transformación. Desde o minimalismo deudor do slowcore canónico e tranquilo dos seus primeiros discos, as cancións de Barzin gañaron en variedade e punch pop grazas aos arranxos de corda de Daren Graves e ao renovado protagonismo da súa voz.
Froito deste cambio e do duro traballo dos últimos catro anos xorde “To Live Alone In That Long Summer” (Monotreme Records, 2014), que viu a luz este febreiro e que Barzin presentará en Compostela e que está a recibir magníficas críticas. Prohibido perdelo
Máis información:
http://youtu.be/esDnhqEtKo8