Barrence Wihtfield & The Savages

Novembro 13, 2015

Tour 2015- Xira 25º aniversario de Bloody Mary
Novo disco: “Under The Savage Sky”
O regreso do explosivo cantante de soul R&B e Rockandroll despoísdo seu aclamado “Dig Thy Savage Soul” de 2013.
Coa mesma demoledora formación, incluíndo a PETER GREENBERG (DMZ, Lyres), PHIL LENKER, ANDY JODY e TOM QUARTULLI.

Doce bombazos. Oito composicións orixináis e catro versión de xoiais descoñecidas de rhythm&blues salvaxe.

venda de entradas en http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelEvento.aspx

Barrence Whitfield & The Savages escomenzaron a súa carreira en Boston, a mediados dos anos oitenta coa forza dun cañonazo. Cos seus concertos sudorosos, bailongos e o seu amor polo soul primitivo foron o RNR o que The Cramps o Rock-A-Billy. Con Peter Greenberg (DMZ, The Lyres) na formación, publicaron varios discos en Rounder Records, convertíronse en favoritos dos máis prestixiosos dj´s como Andy Kershaw da BBC; foron en xira con músicos como Bo Diddley, Tina Turner ou George Thorogood e gañaron sete premios como mellor banda de Boston. Peter e Barrence reuníronse en 2011 con unha nova formación dos Savages, xunto a Peter Lenker o baixo, Andy Jody a batería e Tom Quartulli ó saxo.

Cando lle preguntaron polos métodos e a loucura que escóndese no seu novo disco, o guitarrista Peter Greeberg contou que a banda estaba ansiosa por facer algo máis garaixeiro que nos seus álbums anteriores, pero conectando coa enerxía dos seus discos máis clásicos.

Joe Louis, Howlin’ Wolf, Wilson Pickett, Smokin’ Joe Frazier. Barrence Whitfield (Boston, MA) teñen en común o que un entrenador non pode ensinar a un loitador: o gusto polo cáos. Cunha voz cruda, duras e sucias guitarras, “Under the Savage Skay” podería ser o disco máis punk e máis soul que xamáis escoitaras. Compacto, cancións de tres minutos ou menos que remontan os días explosivos dos Dirtboms, é os padriños do xenero: The Sonics. ¿Non o crees? Votalle un vistazo a “Incarceration Casserole” (con seu salvaxe saxo ó Little Richard), a muscularidad de “The Claw” e “Katy Didn’t”.

Uns dos puntos destacados de Barrence Whitfield & The Savages é a súa impredecible elección nun profundo catálogo de versión e “Under the Savage Sky” ten algúns deses temas exquisitos: “I’m a Full Grown Man” de Timmy “Mr. Soul Satisfaction” Willi, “The Wolf Pack” de Kid Thomas, entre outros.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Capela do C.C. Torrente Ballester, Ferrol.
5 €