20.00 BARBITÚRICOS (rock) – Praza dos Gatos
Coñecedores da súa absoluta falta de talento e charme, estes catro chaíñas viron a luz cando decidiron montar unha banda de rock para ver se así chegaba algo de sexo ás súas tristes vidas. Apañando discos dos Suaves, Pixies ou The Clash da colección dos seus irmáns maiores, tentaron a nobre arte do plaxio “creando” súas propias cancións, inequívocas mostras de morro e torpeza. E coma quen fai un cesto fai cento, estes carallos revirados comezaron a dar concertos sen esquecer que o rock and roll, o de verdade, ten dous grandes segredos:
Pasar POUCO polo local de ensaio.
Dalo TODO fóra do escenario.
Dito e feito. Entre copazos de Larios con cola e moito… moito vicio chungo, estes Barbitúricos labraron unha reputación de badulaques de tal caste que axiña no seu entorno comezaron a confundir as súas anécdotas con lendas friki-rockeiras dignas do mesmiño Popular 1. Esnaquizados os seus soños de estrelas de rock alternando xiras orxiásticas con esporádicos cambios de sangue en clínicas detox, afrontan a realidade , no que xogan ao sleaze rock de cascarrilla con wah-wah de purrela.