Barbitúricos + Os Novos

Marzo 30, 2019

nota:

A Coruña, venres, 22 de marzo.-
O pub Gatos de Melide acollerá da man de ClubE Estrella Galega unha sesión de punk-rock con Barbitúricos e Os Novos. A actuación será mañá, sábado, 30 de marzo ás 00.30 horas, dentro dun circuíto que persegue apoiar o talento galego e ofrecer ás bandas a posibilidade de actuar fóra da súa bisbarra.

Desde Santiago chega Barbitúricos, unha banda potente de punk-rock que se caracteriza por ter un firme propósito sobre o escenario: pasalo ben e facer que o público o pase ben. Á sala melidense acoden con temas novos baixo o brazo para o desfrute dos afeccionados ao punk
Os Novos comparten procedencia cos Barbitúricos e, nesta ocasión, escenario. Contarán na actuación do 30 de marzo cun integrante máis na súa formación, o acordeonista Atom, como eles mesmos explican, irán como “trío e volverán como cuarteto”. Esta banda santiaguesa móvese con soltura entre o punk, rock and roll, country e bluegrass.

Este circuíto é unha aposta clara de Estrella Galicia e Clubtura pola música galega en directo e pola creatividade dos artistas que compoñen a súas propias pezas, para o desfrute do público das catro provincias. Ademais, Estrella Galicia quere con este ciclo ser un apoio para as salas que programan música en directo, tanto en cidades capitais como en localidades máis pequenas. Ao longo deste terceiro ciclo, están previstos ata sesenta directos en salas de toda a xeografía galega.

23:59 h.
Pub Gatos. Melide
5 €