Barahúnda

Novembro 25, 2015

nota:

Presentación do terceiro disco de Barahúnda “Múdanse os ventos”. Helena de Alfonso (voz e composicións) e Jose Lara Gruñeiro (guitarras e composicións) son dous músicos que dirixen o proxecto Barahúnda.

Este formouse en 1998 en Madrid, cidade da que son orixinarios, coa idea de facer música folk de raíz ibérica, cantigas galego-portuguesas musicadas por eles, jarchas mozárabes, cancións sefardís e composicións propias, todas elas conformadas nun estilo propio sinxelo, orixinal e recoñecible. No 2010 Helena e mais Jose trasládanse a Galiza e pouco a pouco van fraguándose as cancións que formarán parte de ‘Múdanse os Ventos’, o terceiro traballo deste proxecto.

Múdanse os Ventos é un disco eminentemente atlántico, galego, portugués, mariño… É a transcripción dun mundo máxico e salvaxe ao seu xeito de facer música; Pero non obstante non deixa de ser, como os anteriores, unha viaxe polo espazo-tempo.

Eles mesmos flan deste disco: “Algunhas das súas cancións viaxaron na nosa maleta e outras, as máis, naceron aquí; son letras de vellos poemas ou textos de cantigas sobre as que compuxemos a músico que nos inspiraron. Hai tamén algunha versión e varias cancións escritas por nós en galego, lingua que xa amamos tanto coma o noso castelán materno”.

AXENDA

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €