Bang 74 + Skyhooks + Carrero Bianco

Xuño 17, 2016

nota:

Concerto con 3 das bandas de maior proxección nacional nos últimos anos do panorama musical pop/rock en Ferrolterra con Bang 74 (R’n’r/Powerpop), Skyhooks (Basket Roll Band) e Carrero Bianco (Tecnopop).

BANG74
Con influencias que van desde o r’n’r clásico con toques setenteiros ao powerpop, cancións repletas de inesquecibles riffs e melodías enérxicas e elegantes, unha das bandas de maior traxectoria en Ferrolterra.

SKYHOOKS
Desde as pistas de baloncesto dos barrios de Ferrol, xorde esta Basket Roll Band co obxectivo de encher de cancións todas as canchas onde xoguen.
Guitarrazos como os driblings de Magic Johnson, ritmos de tambores como mates de Moses Malone, liñas de teclado coa elegancia do Doutor J, e grooves de baixo duros como os bloqueos de Dennis Rodman. Todas as súas cancións abordan desde distintos puntos de vista o nobre xogo da canastra, desde o baloncesto rueiro ata as máis altas cimas da NBA.

CARRERO BIANCO
Presentación de novo disco “Exército Celeste” (2016).

AXENDA