Banda Crebinsky (Crebinsky 5)

Abril 23, 2013

nota:
concerto da versión reducida da Banda Crebinsky (Crebinsky 5), unha pequena orquestra popular fuxida do filme ‘Os Crebinsky’, dirixido polo tamén músico Enrique Otero.

As súas músicas naceron como banda sonora e, dado o seu éxito, convertéronse nunha banda estable que percorre rúas e escenarios medrando e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante. Se houbese que etiquetar o seu estilo, pronto nos veriamos en serias dificuldades. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións como “música popular dun país inexistente” que nos aproximaría algo á realidade. O que si sabemos é que a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky invita á festa sen paliativos.

Os integrantes da Banda Crebinsky teñen unha ampla bagaxe musical e unha gran capacidade de integración das súas experiencias e estilos persoais, desde o folk ao jazz, rock, musica clásica ou experimental. Outro dos aspectos nos que se reflicte a diversidade que caracteriza a este proxecto son as linguas das letras dos seus temas: galego, ruso, castelán, francés e italiano.

Compoñentes:
Pablo Pérez (composicións e contrabaixo), Vadin Yukhnévich (voz e baián), Fernando Abreu (clarinete e voz), Enrique Otero ( teclados e voz), Carlos Castro (marimba e percusións), Pablo Rega (guitarra e voz), Xacobe Lamas (violín) e Miguel Queixas (batería).


AXENDA

22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €