Banda Crebinsky (Crebinsky 5)

Xuño 14, 2013

nota:
Pablo Pérez: composicións e contrabaixo; Vadin Yukhnévich: voz e baián; Enrique Otero: teclados e voz; Xacobe Lamas: violín; Miguel Queixas: batería.

É unha pequena orquestra popular xurdida dun universo imaxinario, fuxida do filme Crebinsky. Do mesmo modo, as súas músicas nacen como banda sonora e, saltando da pantalla, corren ás rúas e aos escenarios, crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante. Se houbese que etiqueta-lo seu estilo, pronto nos veriamos en serias dificultades.

Con todo, podemos arriscar algunhas expresións que falen da súa produción como “composicións eclécticas- delirantes próximas á world music” ou ben “música popular dun país inexistente” e que nos aproximarían algo á realidade. A súa escoita reflexiva evidencia un traballo musical de gran calidade, cheo de detalles e minucioso, tanto a nivel compositivo como de interpretación. Non obstante, é case imposible a recibir todo o seu espectáculo de xeito reflexivo, pois a contaxiosa vitalidade que transmite Banda Crebinsky invita á festa sen paliativos. Os integrantes da Banda Crebinsky teñen unha ampla bagaxe musical e unha gran capacidade de integración das súas experiencias e estilos persoais, dende o folk ao jazz pasando polo rock, a musica clásica e a experimental. Outro dos aspectos nos que se reflicte a diversidade característica da súa creación é a das letras dos temas, en lingua galega, rusa, castelá, francesa e italiana.

23:59 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.