Banda Baile Asalto é un combo “pontevedrés” nado en xuño de 2011, co gallo da súa participación no VI Festival Folk de Muxía. A súa intención, desde o seu comezo, é conseguir a interacción co público. Hai que bailar!!
Cun repertorio alegre, desenfadado e aliñado polas inquedanzas de seis músicos de diferentes estilos, na procura dunha linguaxe única, cun profundo coñecemento da música tradicional galega, unha particular visión artística e o gusto polas músicas doutros países e estilos fai que a banda se convirta nun poxecto apeteceible.