Banda Asalto

Maio 14, 2013

concerto do grupo pontevedrés de folc Banda Baile Asalto, que presenta o seu primeiro disco, que leva por título o mesmo nome da banda e conta con colaboracións de grandes da música galega e peninsular, como Uxía, Eliseo Parra, Aleix Tobias (Coetus) ou Rodrigo Romaní, entre outros.

Banda Baile Asalto é un proxecto froito das inquedanzas de seis músicos de diferentes estilos na procura dunha linguaxe única. Ademáis dun profundo coñecemento da música tradicional galega, a súa particular visión artística e o seu gusto polas músicas doutros países e estilos, fan que a Banda se converta nun proxecto apetecíbel e inetiquetable: música do mundo feita no noso país!

O seu primeiro disco é, segundo eles, un “cóctel de frescura, de tradicion e de ritmo” que conta con colaboracións “incribles” como Uxía, Eliseo Parra, Aleix Tobias (Coetus) ou Rodrigo Romaní, Lola de Ribeira, Begoña Lorenzo, Xavi Lozano, Andrés Vilán, Juan Hernandez, Javi GDjazz, Antonio Sanchez, Marc Vila, Manuel Maseda, Juan Cella e Sabela Ruibal.

Tamén comezan nas Crechas a súa xira de presentación do traballo, que continúa en Vigo (Sala Rouge) o venres 17 e o 18 en Boiro (Pousada das Ánimas).

Podedes ver vídeos da súa última actuación en Casa das Crechas aquí:
www.youtube.com/watch?v=Eg8Cq_a2-FQ
www.youtube.com/watch?v=ccQ0AO-zz5c

Máis información sobre BBA:
http://www.myspace.com/bandabaileasalto

BBA son:
Saxo Alto: Sarunas Pupelis
Saxo Soprano: Jaime Rebollo
Gaita: Miguel Fraguas
Batería: Franc Gorriz
Bouzuki: Samuel Macia

AXENDA

22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €