Os prezos 3 euros normal, 2 anticipada e 1,5 para socios. Con 3 euros mais para os que queirades levarvos o CD
os porriñeses Baldosa Amarilla. Soben por vez primeira a un escenario no festival universitario Leonardo Da Vinci no ano 2006, percorren varios festivais e pechan o ano cunha manchea de versións e cancións propias con boa aceptación entre o público. Ao longo do 2007 empezan a definir un son propio, Pop Rock Alternativo con letras en castelán. Ese ano remata coa súa primeira maqueta chamada Palabra Exacta, gravación chea de boas ideas que acada as 30000 visitas de MySpace nun só ano de vida. Nos comezos do 2008 gravan o seu primeiro videoclip Laberinto que foi presentado en numerosos festivais tales como o Festival de Cans ou o Brincadeira 08. Durante este ano, acomódanse na escena local ofrecendo concertos espallados por todo o país e norte de Portugal. Ese ano culmina cunha nominación a “Mellor maqueta” nos premios Maketón Estrella Galicia. No 2009 presentan o seu último traballo, un EP autoproducido que leva por nome Alquimia. Neste EP demóstrase a evolución dun conxunto que segue a madurar, tentando abrirse a un meirande público. Neste outono do 2011 presentan un novo EP con 5 temas, La colisión invisible