Baldosa amarilla

Decembro 14, 2012

4 € / 3 € (anticipada) / 2 € (soci@s)

Baldosa Amarilla deixouse escoitar por vez primeira en Santiago de Compostela no festival universitario Leonardo DaVinci en Maio do 2006. A principios do 2007 gravan a súa primeira maqueta Palabra Exacta nominada a ‘Mellor Maqueta’ nos premios Maketón Estrella Galicia de Los 40 Principales Vigo, recibindo moi boas críticas polos medios e emisoras locais, e coa que chegan á final do concurso 100Pippers Music. Dentro desta Maqueta hai cancións como ‘Laberinto’, coa que gravan o seu primeiro videoclip, producido por ‘Cucoclock creaciones’, que foi presentado en numerosos festivais, tales como o Festival de Cans ou o Brincadeira ’08 e nos que tivo moi boa acollida. En 2009 gravan a súa segunda maqueta Alquimia da man de Javier Abreu productor de Los Piratas, Boikot, Siniestro Total e Sugarless, entre outros. Con Alquimia resultan gañadores do premio a mellor grupo da Universidade de Vigo na categoría de Pop Rock. Dende entón Baldosa Amarilla leva percorrido grande parte da xeografía española con máis de 100 concertos ás súas costas subindo ao escenario con grandes bandas como os Sunday Drivers, Rosendo, Sinkope, Los Secretos, Los Limones e Los Suaves. Este verán do 2011, Baldosa Amarilla gravou no seu local de ensaio, reconvertido en estudio, La Colisión Invisible Y Otras Historias del Paseo por el Interior de Uno Mismo. Unha producción dirixida por Marcos Legazpi e JazzT coa que en apenas dous meses xa percorreron Vigo (Casa de Arriba, Playmobil, Fábrica de Chocolate, Maketon), O Porriño (Bar Liceum, Radio Si), Santiago de Compostela (Radio Obradoiro), Melide (Pub Gatos), A Coruña (Le Club), Lugo (Doble Moral) e Madrid (Pequeña Betty); conseguindo grande aceptación entre os asistentes e a segunda nominación a mellor maqueta nos premios Maketon Estrella Galicia de Los 40 Principales Vigo.

www.myspace.com/baldosaamarilla

AXENDA

Facebook

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño.
2 / 3 / 4 €