Balakandra + A Banda da Balbina + Tumba e dalle

Xuño 09, 2012

Breve historia: Balakandra nace en San Sadurniño no ano 2004 no seo do mítico grupo “Saraibas”, froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta aos seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais. Despois de 8 anos de camiño, actuando en infinidade de salas, auditorios e festivais de toda Galicia na procura do seu “son”, o vindeiro mes de maio lanzan o seu primeiro traballo discografico, gravado nos Estudios “A Ponte” de Santiago de Compostela por Tomas Ageitos.

A súa música: Dificil sería poner una etiqueta ó que nos ofrece Balakandra, 6 músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns, a súa música e unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil ate Cuba, nos clubes de jazz Newyorkinos e nos frenéticos ritmos do este de europa, unha longa viaxe coa millor locomotora, o folk galego. Con todo isto, os concertos de Balakandra non deixan indiferente a ninguén, atrapando ó público nesta fermosa viaxe.

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre presentaron as cancións de "Axudame a sentir" canda moitos do seus clásicos.As entradas estaban esgotadas e os seus concertos xustifícano. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
Festival histórico de Augas Santas, San Cosme de Barreiros.
De balde.