Balakandra

Marzo 09, 2013

La Divina Comedia
Avenida Ricardo Sanchez, 13, Pontedeume

Balakandra continua coa xira de presentación do seu primeiro disco, “Balakandra”. A banda formouse en San Sadurniño no ano 2004, no seo do mítico grupo “Saraibas”, froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros, que trataban así de dar renda solta aos seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais. Agora, pasados 8 anos cheos de concertos en salas e festivais de toda Galicia, a banda está a presentar o seu primeiro album, no que e dificil etiquetar o que nos ofrecen estos 6 músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns, a súa música e unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil ate Cuba, nos clubes de jazz Newyorkinos e nos frenéticos ritmos do este de europa, unha longa viaxe coa millor locomotora, o folk galego.

22:00 h.
La Divina Comedia, Pontedeume.
De balde.