Balakandra

Marzo 08, 2013

Balakandra. Folk.

Farru Rodríguez: percusión, acordeón e guitarra; Abel Leonardo: guitarra eléctrica; Amparo Calvo: voz e percusión; Rubén Lamas: baixo eléctrico; Martín Sanjurjo: mandolina, guitarra MIDI, violín, dobro e voz; Manolo Dopico: guitarra acústica, guitarra española, mandocello e voz.

Balakandra nace en San Sadurniño a principios do ano 2004 no seo do mítico grupo Saraibas froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta aos seus coñecementos de outros xéneros e técnicas musicais. No ano 2004 preséntase ao concurso Galiza Sons Folk alcanzando a final do certame e gravando un disco conxunto cos outros dous finalistas. A principios do 2007, o trío pasa a ser un quinteto, o cal repercute nunha maior forza sonora. No ano 2010 incorpórase á formación Abel Leonardo quedando unha formación estable, a que en febreiro de 2012 grava o seu primeiro disco. A música da banda é difícil de etiquetar, seis músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns… unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil até Cuba, nos clubs de jazz neoiorquinos e nos frenéticos ritmos do leste de Europa; unha longa viaxe coa mellor locomotora, o folk galego. Con todo isto os concertos de Balakandra non deixan indiferente a ninguén, atrapando ao público na fermosa viaxe.

AXENDA

Facebook

18 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:59 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.
5 €