Balakandra

Novembro 05, 2011

Ciclo “Cultura nos Barrios”
Centro Cultural Carvalho Calero
Praza do Inferniño – Ferrol

BALAKANDRA nace no ano 2004 no seo do grupo “Saraibas” froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros. Nesta primeira formación estaban Martín Sanjurjo, “Farru” Rodríguez e Juanjo Porta. No ano 2004 Balakandra presentase ó concurso “GALIZA SONS FOLK” alcanzando a final do concurso e grabando así un disco conxunto cos outros dous finalistas. Entre os anos 2005 e 2010 tocan por gran cantidade de concellos, salas e festivais de Galiza, neste período de 5 anos a banda estivo en constante evolución, a súa formación pasou de 3 a 6 membros e a sua musicalidade foi medrando coa incorporación de cada novo membro.

Agora mesmo, coa formacion asentada e un son xa moi definido e particular, a banda está a gravar o que vai a ser o seu primeiro disco, que verá a luz nos primeiros meses de 2012

Dificil sería poner una etiqueta ó que nos ofrece Balakandra, 6 músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns, a súa música e unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil ate Cuba, nos clubes de jazz Newyorkinos e nos frenéticos ritmos do este de europa, unha longa viaxe coa millor locomotora, o folk galego. Con todo isto, os concertos de Balakandra non deixan indiferente a ninguén, atrapando ó público nesta fermosa viaxe.

Balakandra son:

Martín Sanjurjo: Mandolina, Guitarra Midi, Dobro e Voz
Farru Rodríguez: Batería, Percusións e Acordeón
Manolo Dopico: Guitarra acústica, Mandocelo e Voz
Amparo Calvo: Voz e percusión
Dubi Lamas: Baixo
Abel Leonardo: Guitarra Acústica e Eléctrica

AXENDA

Facebook

19:00 h
C.C. Carvalho Calero, Ferrol
De balde