Balakandra

Novembro 05, 2013

nota:

Xurdido do mítico grupo “Saraibas” de San Sadurniño, o seu último traballo discográfico é unha viaxe sonora polo mundo a ritmo de blues, rock, folk e sons latinos. Seis músicos de idades e procedencias ben dispares ofrecéndonos un repertorio divertido, comprometido e difícil de etiquetar.

Balakandra nace en San Sadurniño a principios do ano 2004 no seo do mítico grupo Saraibas, froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta os seus coñecementos de outros estilos e técnicas musicais.

No ano 2004 Balakandra preséntase ao concurso “Galiza Sons Folk” alcanzando a final do certame e gravando un disco conxunto cos outros dous finalistas. Desde entón levan a súa música por un feixe de salas e festivais de todo o país ata que en febreiro de 2012 a banda grava o seu primeiro disco (titulado ‘Balakandra’) nos estudos “A Ponte” de Santiago de Compostela baixo a produción de Tomás Ageitos. Actualmente a banda encóntrase xirando presentando este o seu primeiro disco.

Balakandra son seis músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns, a súa música e unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos desde Brasil até Cuba, nos clubes de jazz neoiorquinos e nos frenéticos ritmos do leste de Europa, unha longa viaxe coa mellor locomotora, o folc galego.

Facebook

21:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €